20 de dec. de 2011

COMO, POR QUE, E PARA QUE MERENDA DE LIBROS






Tendo en conta o momento que nos toca vivir, e intentado ver ou sacar sempre a parte positiva, o novo proxecto de TEATRO EN PUNTO quere ter vontade de espectáculo de peto, que poida respostar ás diferentes demandas que, pensamos, pode presentar o mercado e é precisamente pensando nos distintos públicos, cando nos decatamos de que había, hai unha franxa de idade pouco atendida como é o público adolescente.



Para a posta en escena pareceunos importante traballar coa mínima escenografía porque semella necesario ter capacidade de adaptación a todo tipo de lugares de representación, decidimos limitar ao máximo os recursos técnicos.En definitiva intentamos facer unha montaxe maleable, por que hoxe máis que nunca, a sociedade e o teatro están cambiando, e nós debemos avanzar con eles.



Merenda de libros non é exactamente unha obra de teatro senón un xogo, unha proposta arredor dos conceptos “palabra” e “libros”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario